CONGRESO GALLEGO DE BONSAI

CONGRESO GALLEGO DE BONSAI

viernes, 1 de agosto de 2014

"Galicia está collendo nivel no mundo do bonsai"

Bembibre (Val do Dubra) converterase na capital do bonsai. Será grazas ao segundo congreso galego adicado a esta arte que se celebrará neste concello. O seu impulsor é un dubrés, Alberto Baleato, un experto en bonsais que sinalou que o evento "irá dirixido a afeccionados e tamén ao público xeral". Segundo dixo o congreso, que terá lugar no Pavillón de Bembibre, incluirá unha exposición de árbores, obradoiros, demostracións, cursos infantís de bonsai e tamén outras actividades relacionadas con outras artes de Xapón. Así, o evento, que será na súa maioría gratuíto, incluirá talleres de origami (papiroflexia xaponesa), ikebana (arte floral xaponesa) e incluso se poderá degustar sushi, grazas ao Restaurante Santiago Kyoto.
Alberto Baleato é enfermeiro e compaxina este traballo coa súa afección aos bonsais, que segundo dixo xurdiu de casualidade hai nove anos. "Comecei probando eu mesmo con varias árbores, funme afeccionando e decidín ir a estudar a Italia,  Madrid e incluso estiven tres meses en Xapón. Á volta decidín abrir unha tenda de bonsais en Bembibre e agora estou tentando organizar este punto de encontro para os afeccionados galegos". Apuntou que "en Galicia estamos collendo nivel no mundo dos bonsais. Por exemplo o padronés José Luis Baliño levouse en 2010 todos os premios de nivel en España e o resto de Europa. Tamén Luis Vila, de Oleiros gañou certames de prestixio. Os demais ímonos xuntando a ver se se nos pega algo deles (risas)".
Baleato explicou que o  bonsai non ten porque ser unha afección cara. Depende, dixo, do que queiramos gastar. "Podemos ter unha árbore a partir de 10 euros, para ir iniciándonos neste mundo, ou invertir máis. Por exemplo, en Xapón subastouse hai pouco unha árbore por 1 millón de euros, quizais por pertencer a alguén famoso, por ser dunha colección imperial ou ter máis de douscentos anos".

recollido do correo gallego. para ver a noticia completa:

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/galicia-collendo-nivel-no-mundo-do-bonsai/idEdicion-2012-08-28/idNoticia-763007/

No hay comentarios:

Publicar un comentario